Carrito de la compra

Pueblo Lector

,

Os ensaios

15,00 

Disponibilidad: 1 disponibles

SKU: 500019 Categorías: ,

Os Ensaios de Michel de Montaigne constitúen unha das grandes creacións do humanismo do século XVI. Publicados por primeira vez en 1580 e reeditados varias veces en vida do autor, foron todo un éxito editorial e exerceron enorme influencia. A fórmula empregada, que combina o discurso filosófico coa confesión persoal e autobiográfica e toda clase de digresións, serviu de modelo para autores posteriores e instaurou un novo xénero. Montaigne non aspira a construír un sistema filosófico e nin sequera se pretende filósofo;recea de todo dogmatismo e busca na filosofía unha moral práctica orientada a aprender a vivir o máis felizmente posible. A maior parte desta escolma vén ocupada pola Apoloxía de Raymond de Sebonde, reputado como o máis filosófico dos ensaios, mostra singular do escepticismo humanista precartesiano. No titulado Que filosofar é aprender a morrer, servíndose de temas e motivos de tradición estoica, Montaigne recomenda a meditatio mortis como fórmula para aprender a vivir. No que leva o título de Da educación dos fillos expón as súas ideas acerca da educación, que fan del un precursor da pedagoxía moderna. O titulado Dos caníbales, que amosa o impacto provocado pola descuberta do chamado Novo Mundo, é tamén un texto precursor, neste caso da antropoloxía social.

Dimensiones 1,90 × 17,00 × 24,00 cm
Idioma

SPA

Editorial

USC.UNIV.SANTIAGO COMPOSTELA

Año Edición

2016

Colección

SIN COLECCION

Temas

HP;

Encuadernación

TAPA DURA

Páginas

387

ISBN

9788416533701

Autor

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Os ensaios”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio