Carrito de la compra

Pueblo Lector

,

Cumes Torboentos

23,95 

Disponibilidad: 50 disponibles

SKU: 909779 Categorías: ,

Wuthering Heights» ou Cumes Torboentos», na nosa tradución, é unha das novelas inglesas máis sobranceiras do século XIX e Emily Brontë, a súa autora, pertence a ese escaso e escolleito fato de escritores que acadaron o recoñecemento literario cun único libro, aínda que en verdade tamén é autora dalgúns poemas. A novela é unha exposición arrebatadora sobre o fado, a obsesión, a paixón e maila vinganza a través duns personaxes de espírito atolado ou mesmo perverso que viven nun ámbito social predominantemente mesquiño e nunha natureza agreste, mormente inclemente e tan ríspeto coma moitos dos persoaxes. É unha narrativa adiantada ao seu tempo que será un modelo para a literatura romántica posterior, coa súa historia pasional de amor, odio e vinganza nun ambiente hostil. Unha obra que crebou os canons morais da Inglaterra vitoriana e os estilísticos coa súa estrutura de bonecas matrioscas. Con todo, «Cumes Torboentos» non só é a historia do amor imposíbel entre Catherine e Heathcliff, senón que tamén abranxe as relacións amorosas da xeración seguinte: os seus respectivos fillos e mailo seu sobriño, e como Heathcliff manipula estas movido pola vinganza e mailo odio. E ao cabo, todo volve ao rego coma se a estraña anomalía que supuxo a aparición e maila existencia de Heathcliff non fose máis ca unha breve tempestade no devir dos páramos. «Cumes Torboentos» é un libro que gañou o dereito a figurar entre as cen, e mesmo as cincuenta, obras que calquera afeccionado á literatura debe ler porque é, sen dúbida, unha das mellores novelas de tódolos tempos.

Dimensiones 0,10 × 0,10 × 0,10 cm
Idioma

SPA

Editorial

LAIOVENTO (IBD)

Colección

NARRATIVA

Encuadernación

NULL

Páginas

382

ISBN

9788484876502

Autor

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Cumes Torboentos”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio