Con 18 anos, Mario embarca por primeira vez no buque conxelador Praia de Oza, que vai faenar ás augas de Terranova. O barco naufraga e, sen saber como, Mario esperta nunha praia onde atopa a solitaria taberna O Mascato Negro. Entra para buscar axuda e descobre que alí vive un grupo de mariñeiros á espera de que algo suceda para poder fuxir da taberna e da praia. Mario tamén ten que agardar, e mentres o tempo pasa vai coñecendo as historias dos demais mariñeiros. A taberna do Mascato Negro pódese considerar un libro de contos ou unha novela. Nas súas páxinas está presente a fantasía de relatos mariñeiros e a realidade máis dramática do mar, así como a paixón polo mundo do mar e a vidas das xentes mariñas.
| Dimensiones | 0,80 × 13,50 × 21,50 cm |
|---|---|
| Idioma | SPA |
| Editorial | RINOCERONTE EDITORA S.L. |
| Año Edición | 2020 |
| Colección | MORGANTE |
| Encuadernación | RUSTICA |
| Páginas | 122 |
| ISBN | 9788415166795 |
| Autor |
Valoraciones
No hay valoraciones aún.