Un álbum sobre como enfrontar ao descoñecido a través da ollada curiosa e inocente da infancia. Ao acabar un día de escola, dous irmáns reciben a nova de que dous migrantes van chegar ao colexio. Migrantes Como é a primeira vez que oen esa palabra, pasarán a tarde pensando nos seus posibles significados: quizais sexan pasteis ou mascotas como os ourizos cachos ou talvez, palíndromos! E se resulta que son espíritos malignos Que ocorrerá entón Á mañá seguinte, tras entrar con medo na clase, coñecerán dous compañeiros vindos de moi lonxe. A emoción ante o descubrimento que supón unha nova amizade levaraos a esquecerse dos migrantes que, en realidade, nin sequera chegan a aparecer. As ilustracións de Maria Girón, cheas de colorido, expresividade e dinamismo, complementan á perfección esta proposta que aborda de maneira orixinal o encontro co diferente e permite achegarse ao tema con humor e intelixencia.
| Dimensiones | 1,00 × 24,50 × 21,50 cm |
|---|---|
| Idioma | SPA |
| Editorial | KALANDRAKA |
| Año Edición | 2023 |
| Colección | MAREMAR (EN GALEGO) |
| Temas | YBC;YXN; |
| Encuadernación | TAPA DURA |
| Páginas | 40 |
| ISBN | 9788413432519 |
| Autor |
Valoraciones
No hay valoraciones aún.