BALEA é un gran mural de dobre cara, pregado coma un acordeón, que representa unha enorme balea metálica sumerxida no fondo do mar, xunto con algas, peces de vivos colores e outras criaturas acuáticas. Ao seu arredor, uns simpáticos buzos de traxe amarelo, protagonistas mudos deste libro-obxecto visual. Ao xirar a folla cambia a perspectiva dos lectores, que observan o interior do artiluxio, dividido en numerosas estancias. E aí onde entra en xogo a imaxinación, para recrear que sucede na sala de control do cetáceo mecánico, que preparan na cociña, de qué falan os encargados do horto, en que traballan os operarios do taller… E así en moitas máis salas: ximnasio, dormitorios, despensa…
| Dimensiones | 0,10 × 14,00 × 33,50 cm |
|---|---|
| Idioma | SPA |
| Editorial | KALANDRAKA |
| Año Edición | 2015 |
| Colección | SIN COLECCION |
| Temas | YBC; |
| Encuadernación | TAPA DURA |
| Páginas | 2 |
| ISBN | 9788484649779 |
| Autor |
Valoraciones
No hay valoraciones aún.